Monday 29 de April de 2024

A piscina municipal de Frades abrirá as súas portas este venres 21 de xuño


 

A piscina municipal de Frades, emprazada na parroquia de Papucín, abrirá este venres 21 de xuño as súas portas para a campaña de verán. Unha campaña na que se manterá o horario aumentado o pasado ano, de forma que o acceso á piscina será totalmente libre e de balde de luns a venres, en horario de 15:30 a 20:30 horas, e os sábados e domingos, de 13:30 a 20:30 horas. Ademais de piscina de adultos e para crianzas, os usuarios das instalacións poderán desfrutar tamén dunha pista de pádel, dun parque infantil e dunha ampla zona de merendeiro, ampliada o ano pasado.

Así mesmo, o Concello de Frades abre o prazo de inscrición nos seus Cursos de Natación para crianzas e persoas adultas, que terán luga do 8 de xullo ao 23 de agosto na piscina municipal. Organizaranse grupos de iniciación e de perfeccionamento e as inscricións poden realizarse ata o 5 de xullo no Concello de Frades (981 695 567).